miércoles 2 de enero de 2008
parque natural de Cotorredondo
A zona de Cotorredondo cunha altitude de 550 metros sobre o nivel do mar, é un dos máis fermosos parques da rexión e coa mellor situación xeográfica.A súa gran amplitude esténdese polo territorio de Vilaboa , Marín e Moaña. Nesta parque natural atopámonos co famoso lago de Castiñeiras, pertencendo a metade ó noso municipio e a outra metade a Marín.Moi cerca, a uns dous Km e na mesma altitude, álzase desafiante o mirador de Coto Redondo que está totalmente ubicado nos termos de Vilaboa, dende onde podemos ollar a ensinada de San Simón na ría de Vigo e no seu extremo oposto a ría de Pontevedra, podendo divisar tamén a ría de Arousa nos días claros.
Este mirador foi construido polo consorcio forestal para controlar tódolos incendios da Península do Morrazo, pero tamén cumpre a finalidade de ofrecer ó visitante unha visión panorámica das grandes perspectivas que abarca, por tales motivos está dotado dunha escaleira interior, para contemplar a paisaxe desde a súa parte máis alta.
Completan a atracción deste parque natural único, varias fontes, bosques de pinos e acacias, baixo os cales esténdese un verdadeiro tapiz de herba verde e fresca.
Fuente: concello

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada